Colaboración co Máster de Arquitectura da Paisaxe da Fundación Juana de Vega

22.11.2017

A Fundación RIA presentou o luns 20 de outubro a súa investigación sobre o territorio da Ría de Arousa fronte aos estudantes do Máster de Arquitectura da Paisaxe que organiza a Fundación Juana de Vega. A colaboración entre ámbalas fundacións tivo unha segunda xornada o mércores 22, cando os alumnos visitaron o concello de Ribeira, descubrindo a contorna natural da Ría de Arousa, a Serra do Barbanza e o Parque Natural de Corrubedo.     Máis

 

Amplia representación de tódolos sectores na presentación oficial da Fundación RIA

16.11.2017

O 30 de outubro, presentouse oficialmente a Fundación RIA en el Hostal dos Reis Católicos en Santiago de Compostela, un evento ao que asistiu o presidente da Xunta de Galicia, numerosas consellerías e direccións xerais, membros da comunidade científica e industrias locais.     Máis

 

Acto de presentación oficial da Fundación RIA — Rede de Innovación Arousa

30.10.2017

Sir David Chipperfield e outras personalidades exporán a visión estratéxica da Fundación RIA. O evento contará coa presenza do Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, outras autoridades do goberno autonómico, diputacións e administracións locais. Tamén acudirán representantes das universidades galegas e da comunidade científica, o sector empresarial, organizacións sectoriais e colectivos de diferentes ámbitos.

 

Conferencia no foro Obradoiro de Morfoloxía Urbana organizado por Área de Urbanismo e Ordenación do Territorio do Departamento de Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición da ETSAC

07.09.2017

Entre os días 4 e 7 se desenvolveron na cidade da Coruña as xornadas do taller Portuguese-language Network of Urban Morphoology, onde se aborda o entendemento da propia cidade desde os distintos métodos de análise morfolóxica, contrastándoos e decantando o mellor de cada un deles.

Manuel Rodríguez, en representación da Fundación RIA — Rede de Innovación Arousa, foi un invitado a presentar a iniciativa impulsada por David Chipperfield na conferencia de clausura das PNUM17. Este acto de clausura foi compartido por Ibón Bilbao, impulsor xunto a Josep Bohigas da iniciativa Arquitectos de Cebeceira, nacida no seo da Escola de Arquitectura de Barcelona, ETSAB — UPC.

Portuguese-language Network of Urban Morphology

 

Presentación pública marca o comezo da Fundación RIA

26.07.2017

O 14 de xullo de 2017, David Chipperfield e David Chipperfield Architects London lanzaron unha nova fundación en España. A Fundación RIA (Rede de Innovación Arousa) foi anunciada nunha presentación pública á que asistiron o Presidente da Xunta Galicia, Alberto Núñez Feijoo; e as Conselleiras de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, e Mar, Beatriz Mato e Rosa Quintana respectivamente.     Máis

 

Foro participativo de expertos

12.07.2017

O día 12 de xullo celebrouse o primeiro Foro participativo de expertos, no que invitados de diferentes ámbitos (economía, arquitectura, urbanismo, patrimonio e xeografía) expuxeron ante a comunidade local (sector do mar, agricultura, forestal, viticultura, turismo, conserveiras, venta directa, fondos europeos, etc.) temas de interese xeral para o desenvolvemento deste territorio (optimización da produción local, patrimonio, planeamento territorial, redes de economía local, etc.).     Máis

 

Presentación ante o vicepresidente e Conselleiros da Xunta de Galicia

29.06.2017

 

Atendendo á invitación por parte da Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Dna. Beatriz Mato, a Fundación RIA foi presentada ás diferentes consellerías da Xunta de Galicia. Benito Blanco, vicepresidente e secretario da Fundación RIA, foi o encargado de desenvolver a presentación ante a presenza do vicepresidente da Xunta de Galicia, D.Alfonso Rueda; a Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Dna. Beatriz Mato; a Conselleira de Infraestruturas, Dna Ethel Vázquez; a Conselleira de Medio Rural, Dna. Ánxeles Vázquez e o Conselleiro de Política Social, D. José Manuel Rey Varela.

Estudo Arousa: Unha ferramenta de protección e desenvolvemento da Ría

25.06.2017

 

Artigo publicado no Boletín nº 18 do Consello Regulador da DOP Mexillón de Galicia sobre a importancia da protección e o desenvolvemento en ecosistemas produtivos como o da Ría de Arousa.  

 

Artigo completo

Enlace á páxina web

Conferencia no Instituto de Investigacións Mariñas — CSIC no marco das xornadas de divulgación multidisciplinar

09.06.2017

A petición da coordinadora da Área de Ciencia e Tecnoloxía de Alimentos do CSIC, Isabel Medina, e o director do IIM – CSIC, Antonio Figueras, invitouse ao Estudo Arousa a participar nunhas xornadas de divulgación científica. Estas xornadas teñen por obxecto a aproximación a outras áreas de coñecemento científico e se celebran na sede do IIM en Vigo.

O Estudo Arousa presentou a súa visión estratéxica, un proxecto holístico e inclusivo no que deberan estar contemplados todos os sectores representativos do complexo contexto da Ría de Arousa. Invitábase, deste xeito, á colaboración de áreas de coñecemento tan fundamentais para o equilibrio do ecosistema da ría como a biotecnoloxía, a acuicultura, os recursos mariños ou a tecnoloxía dos alimentos, todos eles departamentos do Instituto de Investigacións Mariñas.

 

Presentación ante as Direccións Xerais da Xunta de Galicia

02.06.2017

O Estudo Arousa foi presentado ante unha ampla representación de direccións xerais e axencias da Xunta de Galicia. O acto, organizado pola directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Mª Encarnación Rivas, serviu para intercambiar impresións sobre as potencialidades desta zona e dar a coñecer aos diferentes departamentos do goberno autonómico os obxectivos da iniciativa.

No encontro tamén participou a directora do Instituto de Estudos do Territorio, Inés Santé e o director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez Marínez, así como representantes, doutros departamentos da Xunta, como da Axencia Galega de Infraestruturas ou de Portos de Galicia.

Xunta de Galicia

Estudo Arousa no IV Foro de Rehabilitación de Rianxo

07.05.2017

O Estudo Arousa foi presentado por David Chipperfield no cuarto Foro anual de Rehabilitación en Rianxo, España. Abordáronse cuestións de desenvolvemento urbano e económico da zona en paralelo á procección cultural e ambiental, centrándose nas marxes costeiras das cales a área obtén gran parte da súa identidade. O Foro foi organizado pola Oficina de Rehabilitación de Rianxo como pare dun plan iniciado en 2008 para levar a cabo a restauración e renovación e para considerer mellores modos de abordar a rehabilitación de edificios degradados ou históricos nas vilas da rexión.

Foro de Rehabilitación

Obradoiro interno

06.05.2017

O terceiro andar do mercado municipal de Ribeira serviu de escenario para unha nova sesión de presentación e debato do Estudo Arousa. En marzo de 2017 reanudouse o estudo co establecemento dunha oficina en Santa Uxía de Ribeira e a formación dun equipo investigador composto por cinco profesionais. Os progresos realizados puxéronse en común ante unha representación de autoridades locais e autonómicas, membros da comunidade científica, entidades de xestión de fondos europeos e membros organizacións sectoriais locais.     Máis