Presentación pública do proxecto: De estada a rúa. Recuperación da identidade urbana de Palmeira

17.12.2018

O luns 17 de decembro, no centro multiusos de Palmeira, a Fundación RIA presentou o proxecto de recuperación da identidade urbana de Palmeira nun acto no que tamén interviron e deron o seu apoio aoproxecto a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel MªVázquez Mourelle; e o alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz Rivas.

Conferencia da Fundación RIA na conferencia Novas estratexias para vellas estradas organizadas polo Concello de Rianxo

11.12.2018

O Concello de Rianxo, a través do arquitecto da súa oficina de rehabilitación, Carlos H. Fernández Coto, invitou á Fundación RIA a presentar o proxecto De estrada a rúa. Recuperación da identidade urbana de Palmeira, na xornada Novas estatexias para vellas estradas. Xunto ao proxecto da Fundación RIA, tamén se expuxeron Camiño Real Cangas – Moaña desenvolvido polo estudo de urbanismo Rurban, así como o proxecto de investigación levado a cabo polo profesor da ETSAC, José Manuel Vázquez Mosquera.

Na ponencia da Fundación RIA mostráronse as estratexias coas que a fundación aborda o proxecto de recuperación da identidade urbana e a metodoloxía de achegamento ao lugar de estudo.

Entrega do estudo: Desenvolvemento dunha metodoloxía para o deseño de estratexias de rexeneración urbana á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo

11.12.2018

Este martes, a Fundación RIA fixo entrega á directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Ma Encarnación Rivas Díaz, do documento que incorpora o planteamento, proceso e resultados da segunda fase desta metodoloxía, o obradoiro de cinco semanas de duración levado a cabo en Ribeira.

Conferencia de David Chipperfield, presidente da Fundación RIA, para expoñero traballo da fundación nas Jornadas de Patrimonio organizadas pola Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo (AECID)

27.11.2018

A Fundación RIA foi seleccionada como caso de éxito de promoción de patrimonio cultural e estratexias de desenvolvementosostiblepola Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo (AECID).

David Chipperfield, fundador e presidente, foi invitado a dar unha conferencia sobre a actividade da fundación no Encuentro Internacional Patrimonio para el Desarrollo en la Casa América de Madrid o 27 e 28 de novembro.

Presentación final e clausura do Workshop Fundación RIA 2018

26.11.2018

O pasado luns 26 celebrouse o acto de conclusión do obradoiro Workshop Fundación RIA 2018 e a exposición do traballo realizado durante o mesmo no centro social de Oleiros, en Ribeira. Ao evento acudiron representantes do sector científico, económico e político, tanto de ámbito local como autonómico.

As entidades representadas na xornada foron a Consellería do Mar da Xunta de Galicia, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, o Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC, a Federación Galega de Confrarías de Pescadores, a Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña, o Instituto de Estudos do Territorio, o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, o Concello de Ribeira, o Concello de Porto do Son, o Concello de Rianxo, a Oficina de Rehabilitación de Rianxo, o PSOE de Ribeira, o BNG de Ribeira e asociacións locais de Ribeira.

Acto público de conclusión do Workshop Fundación RIA 2018: Facemos Ribeira?

24.11.2018

Durante o desenvolvemento do Workshop Fundación RIA 2018, os participantes estableceron unha oficina de atención á cidadanía conome de Facemos Ribeira? O mesmo nome recibiu a exposición que acolleu as análises, as estratexias e os proxectos desenvolvidos ao longo deste obradoiro.

Máis

Segunda semana do Workshop Fundación RIA 2018

10.11.2018

Ao longo da segunda semana do Workshop Fundación RIA os grupos definidos deseñaron o plan de traballo a seguir nas semanas sucesivas. Guiados polo equipo da Fundación RIA e Raül Avilla, colaborador de Arquitectos de Cabecera e doctorando no Royal College of Art de Londres, os grupos realizaron traballo de campo, deseñando enquisas para recabar información da cidadanía e levando a cabo entrevistas. Apoiándose na información obtida, os participantes realizaron un análise e un mapeado exhaustivo do entorno que permitiu entender os conflitos e as oportunidades do lugar.

Máis

Inicio do Workshop Fundación RIA 2018

26.10.2018

O vindeiro luns 29 de outubro dará comezo o Workshop Fundación RIA, centrado na rexeneración urbana e no deseño de estratexias de intervención. O obradoiro, dun mes de duración, terá lugar no concello de Ribeira, A Coruña, entre o 29 de outubro e o 28 de novembro e contará coa asistencia de quince arquitectos recentemente licenciados e estudantes de último curso das universidades da Coruña (UDC-ETSAB), Barcelona (UPC-ETSAB), Alcalá de Henares (UAH) e Portugal (UBI).     Máis

Primeira semana do Workshop Fundación RIA 2018

03.11.2018

Durante a primera semana do Workshop Fundación RIA levouse a cabo a presentación do obradoiro e se introduciron os tres temas sobre os que se traballará nas semanas sucesivas: a relación porto-cidade, o centro urbano e os bordes verdes.

Finalmente se definiron tres grupos de traballo formados por 5 participantes cada uno e a cada grupo se lleasignou un dos temas.

Máis

Conferencia da Fundación RIA no Máster Universitario en Xestión Sostible da Terra e do Territorio da USC MasterTerra

08.10.2018

A Fundación RIA participouhoxe no Campus de Lugo nunhaxornada de conferencias e posterior mesa de debate que xirou en torno á ordenación do territorio dende fora da universidade e a administración. Xunto á fundación, taménacudiron como invitados o Colectivo 1Aun e Ergosfera.

O obxectivodestaxornada, organizada no marco do MasterTerra da Universidade de Santiago de Compostela, era que os conferenciantes compartisen á súa visión sobre tres preguntas: cales son os problemas da ordenación do territorio en Galicia e cales son as súas causas profundas; que escenarios negativos se prevén no futuro se estes problemas persisten ou aparecen outros e que facer para evitar estes problemas actuaisou futuros.    Ligazón ao vídeo

A labor da Fundación RIA no reportaxe Euromaxx special edition: European star artists call the shots da canle alemana DW

24.09.2018

O programa Euromaxx da canle alemana de difusión internacional Deutsche Welle, DW, produciu unha reportaxe sobre a figura de David Chipperfield, os seus últimos traballos e a súa relación con Galicia. Neste programa, Chipperfield fai especial mención dos potenciais de Galicia, e das súasmotivacións para impulsar a creación da Fundación RIA para promover o desenvolvemento sostible da rexión.

Neste sentido, o seu coordinador, Manuel Rodríguez, explica no programa que o traballo da fundación se basea no establecementodunha rede entre universidades, sectores produtivos e administracións para debater e planificar conxuntamente este desenvolvemento sostible.

Ligazón ao video

Workshop Fundación RIA. Periodo de inscripción

17.09.2018

Con este obradoiro, a Fundación RIA pretende dar forma a unha metodoloxía que permita as administracións locais e rexionais identificar conflitos e potenciais, así como deseñar unha folla de ruta para intervir no entorno urbano. Búscase unha planificación proactiva de estratexias de mellora urbana que contribúan ao uso eficiente e eficaz dos recursos destinados a esta materia.

Descarga o dossier con toda a información aquí

Traslado a un novo espazo de traballo no centro social de Oleiros

15.09.2018

O centro social da parroquia de Oleiros, en Ribeira, será a nova sede da Fundación RIA.

As instalacións deste edificio, que foron cedidas polo Concello de Ribeira, contan ademáis cun espazo multiusos que permitirá acoller exposicións públicas e conferencias.

O traslado da fundación a este espazo producirase a última semana de setembro.

Entrega do estudo para a integración urbana da AC-305 en Palmeira á Axencia Galega de Infraestruturas

23.08.2018

Tras máis de catro meses de traballo, a Fundación RIA fai entrega hoxe á Axencia Galega de Infraestruturas do Estudo de conflitos e estratexias de intervención para a integración da estrada AC-305 no entorno urbano de Palmeira, Ribeira.

A través dun mapeado exhaustivo elaborado en Palmeira ao longo de varias xornadas de traballo de campo e mediante á súa posterior análise, o equipo da fundación definiu 4 estratexias extrapolables a outras localizacións: garantir a seguridade de peóns e conductores, fortalecer o carácter de vía lenta, priorizar a mobilidade peonil e promover un deseño integral da rúa. A aplicación destasestratexias, adaptadas as singularidades de Palmeira, dan lugar a un proxecto piloto cuxo fin é reforzar a identidade das poboacións da rexión mediante espazos públicos máis seguros e atractivos.

Convenio de colaboración co Instituto de Estudos do Territorio

30.07.2018

Afianzando á súa relación, o Instituto de Estudos do Territorio, organismo autónomo vencellado á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, e a Fundación RIA asinaron un protocolo de colaboración para o desenvolvemento de actividades relacionadas coa investigación e divulgación en materia de territorio e paisaxe.

O protocolo facilitará que as dúas institucións compartan experiencias, ideas e información que redunden en beneficio do territorio da Ría de Arousa e a comarca do Barbanza así como dos territorios que compoñen as rías atlánticas de Galicia.

Conferencia de David Chipperfield e participación como tutor de Manuel Rodríguez, coordinador da Fundación RIA, no curso de verán organizado pola USC e o Concello de Allariz: Paisaxes en Produción

15.07.2018

O curso, que tivo lugar en Allariz, concebiuse como unha actividade fundamentalmente teórica, instando aos participantes a idear novas formas de xestión do solo rústico capaces de activar economías de pequena escala, baseadas nos valores do territorio entendido como espazo produtivo, paisaxe cultural e lugar de vida.

A última conferencia das xornadas foi impartida polo presidente da fundación, David Chipperfield, quenimpartiu a conferencia Ría de Arousa: a space of environmental complexity, na que puxo de manifesto o forte vínculo que existe entre as actividades económicas na Ría de Arousa e o medio natural que lles da soporte.

Colaboración coa Rede ReVOLTA

15.05.2018

A Rede ReVOLTA, unha rede de grupos de investigación relacionados coa agroecoloxía das universidades de Santiago e Vigo, desenvolveu en Ribeira ao longo de onte e hoxe unhas xornadas de traballo sobre Experiencias Produtivas Innovadoras (EPIs). As EPIs son proxectos empresariais que para a rede constitúen iniciativas a valorar e incluso poñer de exemplo xa que parte sempre dunha masa crítica e un capital social mínimos.

Durante o primeiro día, os promotores de 10 EPIs e os investigadores da rede coñeceron os retos e as oportunidades de Arousa mediante unha visita guiada pola Fundación RIA. O segundo día, o Centro Cultural Lustres Rivas en Ribeira deu cabida a un encontro no que estes promotores estableceron un diálogo cos investigadores da rede co obxectivo de coñecer dun modo pormenorizado como traballan e cal é a súa relación co territorio no que desenvolven a súa actividade.

A Fundación RIA publicada no libro David Chipperfield Architects Works 2018

12.05.2018

Koenig Books e Mondadori Electa Spa publican o catálogo David Chipperfield Architects Works 2018 con motivo da exposición do mesmo nome que terá lugar ata o 2 de setembro a Basilica Palladiana de Vicenza, Italia.

Trala introdución de David Chipperfield e un artigo do arquitecto italiano e profesor do Politécnico de Milán, Fulvio Irace, o catálogo recolle fotografías e planos (moitos deles inéditos) de cada un dos proxectos que se poden ver na exposición, entre os que figura o traballo desenvolvido pola Fundación RIA.

Esta publicación pode adquirirse a través das seguinte ligazón.

A Fundación RIA na exposición David Chipperfield Architects Works 2018 en Vicenza

09.05.2018

A Cidade de Vicenza, en Italia, en colaboración coa asociación cultural Abacoarchitettura, invitou a David Chipperfield Architects a crear unha exposición na Basílica Palladiana de Vicenza do 12 de maio ao 2 de setembro.

 

A Fundacion RIA é un dos proxectos expostos en David Chipperfield Architects Works 2018. A exposición amosará 17 proxectos recentes ou en curso, en diversas fases de desenvolvemento, facendo evidente a variedade de actividades que se levan a cabo nun estudo de arquitectura.     Máis

 

Imaxe © Rik Nys

 

Sesión de traballo co Instituto de Estudos do Territorio

02.05.2018

A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) acolleu o pasado 2 de maio unha sesión de traballo entre o Instituto de Estudos do Territorio (IET) e a Fundación RIA. Este encontro co Departamento de Estudos tivo como obxectivo explorar puntos en común en torno a proxectos que tanto a Fundación RIA como o IET están a desenvolver no territorio.

A sesión contou coa participación da directora do Instituto Inés Santé, xunto ao equipo técnico relativo aos servizos de estudos, coordinación e información territorial e planificación e paisaxe.

 

Encargo da Axencia Galega de Infraestruturas para o desenvolvemento dun estudo de mellora urbana

10.03.2018

A Fundación RIA desenvolverá un estudo para mellorar a integración urbana da estrada AC-305 ao seu paso polo núcleo urbano de Palmeira, no municipio de Ribeira. O encargo da Axencia Galega de Infraestruturas encaixa na liña de actuación da Fundación RIA relativa ao medio construído, na que se incúen os sistemas de tráfico, aparcadoiros e mobilidade da Ría de Arousa, e como estas infraestruturas afecta á identidade urbana das vilas mariñeiras e á calidade do seu espazo público.

Mais

 

La Fundación RIA participa no Foro de Peatonalización en Ribeira

01.03.2018

A Fundación RIA foi convidada a participar no foro de debate sobre peonalización do núcleo urbano de Ribeira, A Coruña. O día 1 de marzo o xornal La Voz de Galicia organizou un dos seus habituales ForoVoz, centrado esta vez na mellora dos núcleos urbanos a través da peonalización. Moderado pola periodista Ana Gerpe, contou coa participación do Alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz Rivas; o arquitecto Carlos Henrique Fernández Coto; e Antonio Miranda, presidente da Asociación de Empresarios de Ribeira.

Debatindo sobre as infraestruturas da cidade e a identidade urbana, Manuel Rodríguez, en representación da Fundación RIA, argumentou que a peonalización non debía ser considerada un fin en si mesma, senón unha ferramenta máis dentro dun proxecto urbano integral.

 

Ligazón á noticia

Seminario participativo sobre a diversificación da produción e as actividades do sector mariño

07.02.2018

“Cara un proxecto integral. A revitalización de núcleos urbanos litorais a través da diversificación da produción e actividades do sector do mar”

A Fundación RIA celebrou o 7 de febreiro no Mercado Municipal de Ribeira unha nova xornada participativa baixo o título “Cara un proxecto integral. A revitalización de núcleos urbanos litorais a través da diversificación da produción e actividades do sector do mar”, que reuniu a diversos axentes das economías locais do sector do mar, confrarías e conserveiras, e da comunidade científica, Universidade da Coruña (UDC), Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (CITIC), e o Centro Integrado de Formación Profesional de Ribeira (CIFP Coroso).     Máis