A Fundación RIA únese ao proxecto Ruritage
02.08.2019
O equipo de Ruritage seleccionou á Fundación RIA para ser un dos Ruritage Replicator adicionais. Ao formar parte do proxecto Ruritage, a fundación ten a oportunidade de aprender dos Ruritage Role Models, os Replicators e os expertos, e así poder ter acceso a ferramentas e coñecemento para desenvolver plans de rexeneración centrados no patrimonio. Este acordo quere facilitar o desenvolvemento e a implementación de estratexias adaptadas ao territorio rural e incrementar a visibilidade dos proxectos na Ría de Arousa. Con esta relación o consorcio de Ruritage ofrece apoio á Fundación RIA para desenvolver plans de rexeneración para a Ría de Arousa que poñan en valor o patrimonio cultural e natural.









A Fundación RIA participa no debate para o deseño do Plan Estratéxico de Galicia 2021-2030
18.07.2019
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade convidou, en calidade de experto, ao presidente da fundación David Chipperfield á sesión participativa do Plan Estratéxico de Galicia 2021-2030 que se celebrou na EGAP de Santiago de Compostela.
Na sesión exponse sobre as tendencias demográficas e económicas actuais e os desafíos futuros que se derivan das mesmas. A diminución da poboación actual, o envellecemento e o empobrecemento nas zonas rurais e menos poboadas son advertencias que deben guiar as futuras políticas desenvolvemento rexional.
David Chipperfield exalta a calidade de vida de Galicia na Monocle Quality of Life Conference
27.06.2019
O pasado 27 e 29 de xuño celebrouse en Madrid a Monocle Quality of Life Conference, organizada pola revista internacional Monocle que aborda temas como deseño, moda, asuntos internacionais e cultura xeral. Nesta ocasión, púxose o foco na calidade de vida, tomando a Madrid e España como modelo, e presentáronse diversas iniciativas que explotaban as súas calidades: a gastronomía e hostalería, o urbanismo e o deseño.
David Chippefield foi un dos tres relatores convidados ás entrevistas Big interviews, xunto a Adam Moss, ex-editor da New York Magazine; e ao arquitecto e urbanista Jan Gehl. David aproveitou esta oportunidade para dar a súa visión da actualidade a través da súa obra arquitectónica, exaltar a singular calidade de vida de Galicia e as súas rías, e expoñer o labor da Fundación RIA neste territorio.
A Fundación RIA expón a súa visión dunha paisaxe sostible no Foro Voz organizado polo GALP Costa Sostible e La Voz de Galicia
21.05.2019
O pasado martes, 21 de maio, celebrouse no Liceo de Noia o Foro Voz organizado polo Grupo de Acción Local Pesqueira Costa Sostible xuntamente con La Voz de Galicia. O evento centrouse na relación entre sostibilidade e desenvolvemento, cuxos efectos reflíctense no territorio e conforma o que chamamos paisaxe. Máis
Carlos Seoane, novo vicepresidente primeiro da Fundación RIA
21.05.2019
A Fundación RIA se enorgullece de presentar a Carlos Seoane como novo vicepresidente primeiro. O arquitecto galego, profesor na Escola de Arquitectura da Universidade da Coruña, incorpórase ao padroado da Fundación RIA para compartir a súa ampla experiencia traballando en Galicia, con obras de probada excelencia en diversos enclaves costeiros, e para achegar un profundo coñecemento do territorio galego.
Ligazón ao CV completo
Unha comitiva da Universidade do Minho e o CIIMAR visita a Ría de Arousa
11.05.2019
Unha comitiva da Universidade do Minho (UMinho) e o Centro Interdisciplinar de Investigação Marinha e Ambiental (CIIMAR) de Portugal visitou a Ría de Arousa o pasado sábado 10 de maio. O grupo estivo formado polo director, profesores e investigadores da facultade de arquitectura da UMinho e biólogos do CIIMAR. Estes últimos son os impulsores do proxecto que motiva a colaboración entre ámoblos centros, “O Mar e o Litoral, Arquitetura e Biologia Marinha: O Impacto da Vida do Mar non Ambiente Construído”.
Máis aló da arquitectura: Identidade e sostibilidade — A Fundación RIA en Galicia. Conferencia de David Chipperfield na American Academy de Berlin
21.03.2019
A American Academy de Berlín invitou a David Chipperfield a presentar o traballo que a Fundación RIA leva a cabo en Galicia. Dita presentación enmárcase nunha serie de dous conferencias baixo o título Museos, arquitectura e compromiso social (Museum, Architecture and Social Engagement).
A conferencia abordou o papel do arquitecto na actualidade, a súa participación nas reflexions económicas, medioambientais e sociais, adquirindo un rol pro-activo no deseño da estratexias de desenvolvemento sostible.
Ligazón ao video da conferencia
Conferencia da Fundación RIA na Univiersidade do Minho en Guimarães
25.02.2019
A Fundación RIA foi invitada, da man da profesora Marta Labastida, a visitar a Facultade de Arquitectura da Universidade do Minho en Guimarães para expoñer a metodoloxía e proxectos piloto da fundación, nunha charla dirixida aos alumnos de terceiro e carto curso de arquitectura.
No marco da visita hospedada polo director da Faculdade de Arquitectura, Ivo Pereira, o equipo da fundación tivo a oportunidade de coñecer o labor do Centro de Estudos e o Lab2PT R&D co seu fascinante proxecto de investigación Codfish Architecture, que dirixe André Tavares, e no que participa o investigador Aitor Ochoa.
Esta visita abre unha interesante vía de colaboración entre ambas entidades que terá continuidade en maio, cando a Fundación RIA acollerá unha delegación desta universidade nunha visita á Ría de Arousa.
Xornada de debate e participación pública en Palmeira
07.02.2019
O pasado xoves, na Casa do Mar de Palmeira, a Fundación RIA organizou un evento público para presentar o estudo de conflitos e estratexias para a rexeneración urbana da estrada AC-305 ao seu paso polo núcleo urbano. O obxectivo da xornada foi trasladar a proposta aos usuarios do espazo público, os veciños e comerciantes locais, e recopilar as súas opinións ao respecto. Á presentación acudiron máis de 60 veciños que participaron activamente no debate posterior á presentación.
Este acto supuxo o final dunha serie de reunións que o equipo da fundación desenvolveu con axentes locais como a Asociacion de Xubilados de Palmeira e a Asociación de Nais e Pais de Alumnos da escola local.
Nova monografía AV
09.01.2019
Arquitectura Viva publicou unha nova monografía sobre o traballo de David Chipperfield Architects. Abarcando os últimos dez anos, este dobre número inclúe proxectos completados recentemente así como a iniciativa da Fundación RIA, intercalados con artigos de Deborah Berke, Deyan Sudjic, Luis Fernández-Galiano, Sebastian Redecke, Flora Samuel e Richard Ingersoll.
Contacto
Rúa Porto 25
15969
A Coruña
España
Consultas
Consultas xerais:
Consultas de prensa:
Consultas para colaboracións:
Consultas para donacións:
Newsletter
Se quere recibir o noso boletín, introduza os seus datos a continuación.