A Fundación RIA — Rede de Innovación Arousa, inscrita no Rexistro de Fundacións de Interese Galego, é unha entidade sen ánimo de lucro, privada e independente. Actuando de modo colaborativo servirá como punto de encontro e coordinación entre diferentes administracións, organizacións sectoriais, industrias, universidades, colectivos e asociacións, para planificar un futuro desenvolvemento sostible.

Actuando como entidade respectada e neutral con alcance internacional, a Fundación RIA é un catalizador para reunir talento procedente de diversos sectores, situándose nunha posición ideal para establecer conexións entre participantes de diferentes eidos e localizacións, máis acostumados a competir que asociarse entre si, e unificar este coñecemento e potencial nunha colaboración produtiva. Os nosos socios permiten e benefícianse do intercambio interdisciplinario e o debate público dos retos locais e globais aos que se enfrontan a sociedade de hoxe e de mañá.

Tras un primeiro impulso económico por parte de David Chipperfield London, a Fundación RIA aspira a financiar as súas actividades a través de convenios de colaboración con entidades públicas e privadas, fondos ao desenvolvemento e a investigación, e a recepción de doazóns. A vinculación coa Fundación RIA presenta a oportunidade de participar nun amplo intercambio de coñecemento e experiencia, ao mesmo tempo que se abren vías para novas oportunidades de colaboración e de negocios.

Para colaborar ou contribuír coa Fundación RIA agradecemos que se poña en contacto connosco na seguinte dirección:

 

benito@fundacionria.org