Integración urbana da fronte marítima de Palmeira
Deseño dun plan de actuación para a integración urbana da fachada marítima de Palmeira.
O desenvolvemento das vilas costeiras de Galicia nas últimas décadas foi acompañado da ampliación das súas zonas portuarias e das estradas que as dan servizo.
Porén, na actualidade, é habitual que unha gran parte da fachada marítima se dedique a aparcamento, o que degrada a imaxe do conxunto, limita o uso do espazo público e dificulta os usos portuarios.
Ano
2018
Promotor
portos galegos
Fundación RIA
Localización
Palmeira, Ribeira, A Coruña
Equipo e colaboradores
Fundación RIA


Evolución histórica de Palmeira.

Paseo marítimo de Palmeira nos anos 80 e hoxe.
O traballo realizado en colaboración con Portos de Galicia consiste en deseñar un plan de actuación para a integración urbana do paseo marítimo de Palmeira, incorporando as demandas e intereses dos usuarios do porto e dos veciños da vila.
Estratexias
Este plan baséase en tres estratexias: a ordenación do tráfico e do aparcamento, a recuperación do vínculo co mar e a ordenación e deseño do espazo público.
Análise
A análise realizada pon de manifesto a necesidade de abordar como actuación prioritaria a regulación do aparcamento.
Para identificar as alternativas existentes, estudouse a estrutura urbana de Palmeira, de núcleo compacto, que permite percorrela en menos de 10 minutos.
Nun segundo nivel de regulación establécense unha serie de normas para regular o estacionamento na plataforma portuaria, é dicir, nos terreos xestionados por Portos de Galicia.
Por último, nun terceiro nivel de organización do aparcadoiro búscase que as 90 prazas dispostas na parte frontal teñan o menor impacto no uso do espazo público e na imaxe da beiramar.