Prácticas 2023

Fundación RIA busca a persoas recentemente graduadas ou a piques de graduarse en estudos de máster relacionados coa ordenación territorial, o deseño urbano, o paisajismo ou a arquitectura. 

Envía un correo electrónico a info@fundacionria.org co teu CV e portfolio ou traballos seleccionados adxuntos. O CV debe ser dunha páxina e 15 Mb como máximo. O portfolio debe ter un máximo de 10 páxinas e non debe exceder os 15 Mb.

A solicitude debe destacar o teu interese por estudos territoriais e a túa experiencia con programas de deseño e visualización gráfica (como Adobe Creative Suite, Rhino, SketchUP, deseño de sitios web, edición de vídeo e/o outros programas de comunicación), investigación, análise, redacción, esbozo, traballo en colaboración, e pensamento estratéxico e narración de historias.

  • As datas das prácticas acordaranse coas persoas seleccionadas. (Normalmente as prácticas duran 3 meses, con opcións de ampliación)
  • As prácticas poden ser a tempo completo ou parcial
  • Flexibilidade na asistencia
  • Valorarase positivamente o dominio do galego, castelán e inglés
  • Valoraranse positivamente as solicitudes con solvencia en modelado e renderizado 3D
  • Non se considerarán solicitudes incompletas