A obra encargada por Portos de Galicia, dentro dunha estratexia máis ampla de reconectar os portos industrialmente inactivos cos seus núcleos de poboación, segue o curso previsto coa colocación das pezas de cantería que conforman os elementos clave do novo espazo público.
O equipo de Fundación RIA , asesores da dirección de obra, realizan as tarefas de seguimento da obra, velando polo respecto dos valores fundamentais do proxecto estratéxico orixinal realizado. Estes valores pretenden poñer en valor o entorno natural e construído de Palmeira, utilizando materiais e técnicas arquitectónicas coñecidas localmente, ao tempo que xeran novos espazos públicos para o uso de veciños e visitantes.