Baixo o lema 3Days 4Future Manuel Rodríguez López, director do Fundación RIA , participou no acto organizado polo Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia, o pasado 18 de novembro en Vigo.
A súa intervención centrouse na misión da propia organización, revelando as súas orixes, os intereses que promove o traballo diario e como se realiza, ademais de amosar algúns dos proxectos realizados.
En relación á mobilidade, eixo principal do evento, mostrouse o seguinte: o proxecto piloto Palmeira, baseado na integración da autovía AC-305, que deu lugar ao posterior convenio coa Xunta de Galicia e o proxecto AMOSAR ( Accesibilidade e Mobilidade Sostible no Rural).
A presentación concluíu destacando a importancia da mobilidade inclusiva en Galicia, que debería basearse en dous puntos principais, a accesibilidade e a coordinación.