Os equipos participantes deberán presentar unha proposta para todo o complexo que contemple unha primeira fase de execución adaptada ao orzamento dispoñible. A proposta conxunta incorporará novas construcións, a rehabilitación dos edificios protexidos da parcela e a urbanización do espazo público.
As mellores propostas presentadas recibirán premios económicos de 15.000 €, 10.000 € e 7.500 € e adxudicaráselle ao equipo gañador o posterior contrato de servizos para a redacción do proxecto básico e de execución e, se é o caso, para a dirección da obra, todo isto. da primeira fase. O valor estimado deste contrato é de 628.000 €.