A Rede ReVOLTA, unha rede de grupos de investigación relacionados coa agroecoloxía das universidades de Santiago e Vigo, desenvolveu onte e hoxe en Ribeira unhas xornadas de traballo sobre Experiencias Produtivas Innovadoras (EPIs). Os EPI son proxectos empresariais que para a rede constitúen iniciativas a valorar e mesmo a dar exemplo xa que parten sempre dunha masa crítica e un capital social mínimo.
Durante a primeira xornada, os promotores de 10 EPIS e os investigadores da rede coñeceron os retos e oportunidades de Arousa a través dunha visita guiada ao Fundación RIA . O Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira acolleu na segunda xornada un encontro no que estes promotores estableceron un diálogo cos investigadores da rede co obxectivo de coñecer polo miúdo como traballan e cal é a súa relación co territorio no que levan. sacar a súa actividade.