No marco do seu compromiso co desenvolvemento sostible de Galicia e a protección dos seus valores naturais e culturais, a Fundación RIA , unha iniciativa sen ánimo de lucro fundada por David Chipperfield en 2017, inaugurará un novo espazo aberto á comunidade no centro de Santiago de Compostela no que se desenvolverá un amplo programa público de actividades.
O edificio situado na rúa Virxe da Cerca, que levará o nome de CASA RIA, ofrecerá espazos de acceso público que albergarán un variado programa de actos, charlas, conferencias e exposicións relacionadas co traballo da Fundación RIA , promovendo o debate e a planificación proactiva que permitan afrontar os retos ambientais, económicos e territoriais do presente e do futuro de Galicia e proxectar os seus resultados a outros territorios. Este programa atraerá a expertos, institucións e colaboradores locais e internacionais de diferentes disciplinas e sectores, que atoparán en CASA RIA un lugar para intercambiar e aplicar coñecementos.
Despois de tres anos de traballo nun espazo cedido polo Concello de Santiago, o antigo sanatorio converterase na nova sede do Fundación RIA , desde a que o equipo coordinará as súas investigacións e proxectos estruturados en torno a tres eixos principais: urbanismo; xestión sustentable da terra; e a cultura do deseño arquitectónico e urbano. As instalacións do edificio tamén permitirán acoller estancias temporais de estudantes e residencias de investigación en colaboración con institucións de renome internacional, ademais de incluír un estudo de arquitectura que apoiará o traballo do Fundación RIA e o desenvolvemento do seu programa.
Está previsto que CASA RIA abra as súas portas a mediados de 2023.