RÍARÍARÍARÍA
  • Novas
    • Todos
    • 2022
    • 2021
    • 2020
    • 2019
    • 2018
    • 2017
    • 2016
  • Actividade
    • Todos
    • Ordenación do territorio e identidade local
    • Xestión sostible do territorio
    • Cultura da arquitectura e do deseño
    • Metodoloxía
  • A fundación
    • Visión
    • Patronato
    • Equipo
  • Casa RIA
  • Contacto
  • GL
    • ES
    • EN
✕
08.09.2023
De volta

Estudantes de Arquitectura da UNAV visitan Muimenta para desenvolver un proxecto académico da man da Fundación RIA.

O alumnado da Escola de Arquitectura da Universidade de Navarra (UNAV) que hoxe visita a aldea traballará durante o próximo semestre sobre temáticas de vivenda, espazo público y paisaxe produtivo. No marco das Aldeas Modelo, RIA promove colaboracións académicas para abordar os retos do rural tamén desde as Universidades.

O alumnado do 5º curso da Escola de Arquitectura da Universidade de Navarra visita hoxe Muimenta da mano da Fundación RIA, para desenvolver un proxecto académico de reactivación e rehabilitación na aldea do municipio ourensán de Carballeda de Avia.

Desde o departamento de Proxectos Arquitectónicos da UNAV e co profesor invitado Fermín Vázquez (b720/ Fermín Vázquez Arquitectos) e co profesor José Ángel Medina Murua, o alumnado desenvolverá o proxecto de tres edificacións en tres parcelas independentes con usos de vivenda, instalacións para uso produtivo, equipamento e espazo público. O traballo desenvolverase ao longo do primeiro semestre deste curso e finalizará cunha exposición dos traballos.

O ámbito do proyecto desenvolverase en Muimenta, un dos 21 núcleos rurais integrados na estratexia Aldeas Modelo e na que a Fundación RIA participa levando a cabo o plan de dinamización. Este instrumento está impulsado pola Xunta de Galicia baixo a Lei de recuperación da terra agraria (2021) para ensaiar, a través de estratexias e proxectos piloto, diferentes metodoloxías que permitan vislumbrar un cambio de tendencia positivo nas dinámicas que afectan ao rural galego e de moitas outras rexións europeas.

Atendendo aos grandes retos de sustentabilidade, tanto medioambiental, económica e social, que afronta a nosa sociedade no contexto europeo, o programa académico toma como ámbito de traballo o rural de Galicia para abordar as súas problemáticas de forma integral. Son temáticas transversais ao exercicio a despoboación, a xestión do patrimonio construído, as oportunidades económicas, a produción agroforestal de orixe local, a perda de biodiversidade, a xestión forestal sustentable, os incendios forestais, o abandono da terra produtiva, a xestión do ciclo da auga, a sustentabilidade enerxética, etc.

Alumnos da UNAV en Muimenta

Publicacións relacionadas

20.09.2023

David Chipperfield impartirá a conferencia inaugural de Piñeiros'23


Le máis

230907_O bosquexo

20.09.2023

Xa dispoñible ElCroquis N.222, dedicado ao traballo recente de David Chipperfield Architects e que inclúe un artigo sobre a Fundación RIA


Le máis
21.08.2023

A Fundación RIA, en colaboración coa AXI, desenvolverá dous actos participativos sobre a estrada AC-305 ao seu paso por Escarabote e Coroso.


Le máis

Santiago de Compostela
Rúa Oblatas 77
15705
+34 722 413 315
info@fundacionria.org

O Fundación RIA é unha axencia independente sen ánimo de lucro, un think tank que contribúe á análise, reflexión e planificación estratéxica do territorio, co obxectivo de preservar os seus valores naturais e culturais e promover a súa calidade de vida.

2022 Fundación RIA . Todos os dereitos reservados.

instagram
LinkedIn

  • Novas
  • Actividade
  • Casa RIA
  • Equipo
  • Patronato
  • Vacantes

Permanecer en contacto

O responsable da protección de datos dos usuarios que envían a súa información a través deste formulario é Fundación RIA . Recollemos os datos deste formulario para responder á solicitude de información dos usuarios. Se hai algún dato persoal que non quere que se coñeza, recomendámoslle non incluílo neste formulario.A principal lexitimidade é o consentimento da persoa interesada. Os destinatarios destes datos son os membros do equipo da EMPRESA. Se inclues o teu enderezo de correo electrónico nos datos que nos facilitas, podes solicitar que che enviemos unha copia da mensaxe que nos chegará.

  • Aviso legal
  • Política de Privacidade
  • Política de cookies
  • Exención de responsabilidade
    Fundación RIA
    Xestionar o consentimento das cookies
    Usamos tecnoloxías como cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. Facemos isto para mellorar a experiencia de navegación e mostrar anuncios personalizados. O consentimento destas tecnoloxías permitiranos procesar datos como o comportamento de navegación ou os identificadores únicos neste sitio. Reter ou retirar o teu consentimento pode afectar negativamente a determinadas características e funcións.
    funcional Sempre activo
    O almacenamento técnico ou o acceso é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
    preferencias
    O almacenamento técnico ou o acceso é necesario para o fin lexítimo de almacenar preferencias non solicitadas polo abonado ou usuario.
    Analítica
    Almacenamento ou acceso técnico que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos. Almacenamento ou acceso técnico que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos anónimos. Sen unha solicitude, o cumprimento voluntario do seu provedor de servizos de Internet ou o rexistro adicional por parte dun terceiro, a información almacenada ou recuperada exclusivamente para este fin non se pode utilizar para identificarlo.
    Márketing
    O almacenamento técnico ou o acceso é necesario para crear perfís de usuario para servir publicidade ou para rastrexar o usuario nun sitio web ou varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.
    Xestionar opcións Xestionar servizos Xestionar provedores Lea máis sobre estes propósitos
    Ver preferencias
    {title} {title} {title}