Despois de máis de catro meses de traballo, o Fundación RIA entrega hoxe á Axencia Galega de Infraestruturas o Estudo de conflitos e estratexias de intervención para a integración da autovía AC-305 no medio urbano de Palmeira, Ribeira.
A través dun exhaustivo mapeo realizado en Palmeira ao longo de varios días de traballo de campo e a través da súa posterior análise, o equipo da fundación definiu 4 estratexias extrapolables a outras localizacións: garantir a seguridade de peóns e condutores, reforzar o carácter de carril lento, priorizar a mobilidade peonil e promover o deseño integral das rúas.