A Fundación RIA participou no proxecto desenvolvendo o Plan Director da nova sede e elaborando as bases do concurso, que se resolveu o pasado mes de marzo, resultando gañador o proxecto de Pereda Pérez e MRM Arquitectos.
A implicación de RIA permitiu realizar unha análise en profundidade das necesidades da zona, xerando vínculos entre os axentes implicados, deseñando estratexias de desenvolvemento sostible e fomentando melloras ambientais. Ademais, a Fundación RIA tamén realizou labores de comunicación pública, aspirando a promover a cultura da arquitectura e do deseño e potenciando a contratación pública.
A exposición que mostrará todo este proceso terá lugar na Praza de Armas da ETEA, un espazo de especial relevancia para a que será a nova sede do Instituto de Investigacións Mariñas.