Mediante este protocolo, a Universidade da Coruña e a Fundación RIA Pretenden contribuír co seu traballo conxunto á ordenación e á xestión sostible do territorio galego e ao intercambio, creación e transferencia de coñecemento, especialmente os relacionados coa formación en arquitectura, territorio e paisaxe.
Ambas as dúas partes consideran que é necesario un maior achegamento entre o ámbito universitario e o social e laboral, para facilitar a futura inserción laboral dos universitarios titulados mediante programas académicos coordinados coas problemáticas presentes na sociedade e a alternancia da súa formación con prácticas externas.
A Universiada da Coruña pretende aproveitar a experiencia acumulada da Fundación RIA sobre metodoloxías de participación cidadá, traballo de campo e implicación de diversos axentes na toma de decisións. Ademais, quere aproveitar a súa capacidade para conectar a investigación e a formación académica con casos prácticos reais e concretos e, deste xeito, potenciar o valor do ensino público como servizo á sociedade, devolvendo parte do investimento en forma de investigación e propostas.proxecto.
O convenio facilitará o intercambio de profesionais, profesores e investigadores e fomentará a participación conxunta en proxectos e programas de investigación e desenvolvemento bilaterais ou multilaterais.