O vindeiro luns 29 de outubro comezará o Obradoiro Fundación RIA , centrada na rexeneración urbana e no deseño de estratexias de intervención.
O obradoiro, de duración mensual, desenvolverase no concello coruñés de Ribeira, entre o 29 de outubro e o 28 de novembro, e contará coa presenza de quince arquitectos recén titulados e estudantes de último curso das universidades da Coruña (ETSAC), UPC Barcelona. (ETSAB), UAH Alcalá de Henares e UBI Portugal.