O pasado xoves, na Casa do Mar de Palmeira, o Fundación RIA organizou un acto público para presentar o estudo de conflitos e estratexias para a rexeneración urbana da autovía AC-305 ao seu paso polo núcleo urbano. O obxectivo da xornada foi trasladar a proposta aos usuarios do espazo público, veciños e comerciantes locais, e recoller as súas opinións ao respecto. Na presentación participaron máis de 60 veciños que participaron activamente no debate posterior á presentación.
Esta presentación foi o acto final dunha serie de encontros que o equipo da fundación desenvolveu con axentes locais como a Asociación de Xubilados de Palmeira e a Asociación de Pais de Alumnos do colexio local.