A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade convidou, como experto, ao presidente da Fundación David Chipperfield á sesión participativa do Plan Estratéxico Galego 2021-2030 que se celebrou na EGAP de Santiago de Compostela.
Na sesión pásanse as tendencias demográficas e económicas actuais e os retos futuros que se derivan delas. A diminución da poboación actual, o envellecemento e o empobrecemento das zonas rurais e menos poboadas son advertencias que deben guiar as futuras políticas de desenvolvemento rexional.