O luns día 21 asinouse o convenio oficial de colaboración entre Fundación RIA e a Axencia Galega de Infraestruturas con motivo dos nosos traballos de planificación do trazado da autovía autonómica AC-305, que atravesa os concellos da península do Barbanza. O proxecto pretende re-priorizar os peóns e a identidade urbana, afectados polo impacto do tráfico, e englobar estas cuestións nunha reconsideración máis ampla da mobilidade e o desenvolvemento sostible dos asentamentos dispersos da rexión.
Grazas á Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, ao Director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menendez, e ao seu equipo pola súa continua confianza e apoio ao noso traballo nesta iniciativa.