O pasado 1 de marzo, o xornal La Voz de Galicia organizou un dos seus habituais ForoVoz, centrado nesta ocasión na mellora dos núcleos urbanos mediante a peonalización.
Moderado pola xornalista Ana Gerpe, contou coa participación do alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz Rivas; o arquitecto Carlos Henrique Fernández Coto; e Antonio Miranda, presidente da Asociación de Empresarios de Ribeira. Debate sobre as infraestruturas da cidade e a identidade urbana, Manuel Rodríguez, en representación da Fundación RIA , defendeu que a peonalización non debe considerarse un fin en si mesmo, senón unha ferramenta máis dentro dun proxecto urbanístico integral.