O Fundación RIA participou hoxe no Campus de Lugo nunha xornada de conferencias e posterior mesa redonda que xirou en torno á ordenación do territorio desde fóra da universidade e da administración. Xunto á fundación tamén asistiron como convidados o Colectivo 1Aun e Ergosfera.
O obxectivo desta xornada, organizada no marco do MasterTerra da Universidade de Santiago de Compostela, foi que os relatores compartisen a súa visión sobre tres cuestións: cales son os problemas da ordenación do territorio en Galicia e cales son as súas causas profundas; que escenarios negativos se esperan no futuro se estes problemas persisten ou aparecen outros e que facer para evitar estes problemas actuais ou futuros.