A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) acolleu unha sesión de traballo entre o Instituto de Estudos do Territorio (IET) e a Fundación RIA . O obxectivo deste encontro co Departamento de Estudos foi explorar puntos en común arredor de proxectos que tanto o Fundación RIA como o IET estanse a desenvolver no territorio.
A sesión contou coa participación da directora do Instituto, Inés Santé, xunto co equipo técnico dos distintos estudos, coordinación e información territorial, e servizos de ordenación e paisaxe.