Sir David Chipperfield CBE, RA, RDI, RIBA
Fundador e Presidente da Fundación RIA 

Sir David Chipperfield naceu en Londres no 1953. Estudou na Escola de Arte Kingston na Architectural Association de Londres. Tras graduarse, traballou nos estudos de Douglas Stephen, Richard Rogers e Norman Foster. Fundou a oficina David Chipperfield Architects no 1985. Foi profesor da Staatliche Akademie der Bildenden Künste, Stuttgart, desde 1995 a 2001, e Profesor Invitado por Norman R. Foster de Deseño Arquitectónico na Universidade de Yale en 2011. Impartiu clases e conferencias por todo o mundo, en escolas de arquitectura de Austria, Italia, Suiza, Reino Unido e Estados Unidos. En 2012 foi comisario da 13ª Exposición Internacional de Arquitectura da Bienal de Venecia. David Chipperfield é membro honorífico do American Institute of Architects e do Bund Deustcher Architekten, e obtivo recentemente a Medalla de Ouro Heinrich Tessenow, o Premio das Artes da Fundación Wolf, y o Premio DAI (Verband Deutscher Architekten und Ingenieurvereine) da Cultura da Construción. David Chipperfield foi nomeado Comendador da Orde do Imperio Británico en 2004, Deseñador Real para a Industria en 2006, e membro da Royal Academy en 2008. En 2009 recibiu a Orde do Mérito da República Federal de Alemaña, e en 2010 foi recoñecido (Sir) polos servizos prestados á arquitectura no Reino Unido e Alemaña. En 2011 recibiu a Medalla de Ouro á Arquitectura do RIBA, e en 2013, o Praemium Imperiale da Asociación de Arte de Xapón, ámbolos dous en recoñecemento á súa traxectoria profesional.

Carlos Seoane
Vicepresidente primero

Arquitecto e urbanista pola Universidade de Santiago en 1987, realizou en 1991 estudos de posgrao na Columbia University de Nova York e na ESAD do Porto en 1994. Desde 1996 é profesor na Escola de Arquitectura da Universidade de Coruña e desde 2010 director do programa internacional Compostela organizado polo CA institute. Incorpórase ao padroado da Fundación RIA en 2019.

Traballou con arquitectos internacionais como Viñoly  Architects e Eisenman Architects en Nova York, e con Álvaro Siza en Porto. Recibiu diversos premios de arquitectura, destacando o premio Lledó 2018 Península Ibérica na categoría Espazo Público, o premio  FAD 2016 para a península Ibérica na categoría Ciudad e Paisaxe, así como o premio Juana de Vega en Arquitectura en 2010 e diversos premios de arquitectura do Colexio de Arquitectos de Galicia nos anos 2017, 2015 e 2005.

Foi premiado no V certame Pintura Concello de Cambre 1988 e no certame de fotografía IV Camiños de Hierro 1989. Publicou os libros: Souto de Moura, Metro Porto, 2018, Siza by Siza, 2015, Museo Iberê Camargo, 2013, Compostelas Contemporáneas, 2012 e FCI, Facultade de Xornalismo en 2003. Ademais colaborou con diversas revistas especializadas como Casabella e Pasaxes. O seu traballo foi exhibido en Venecia na Biennale  Architettura 2016, na Bienal Internacional de Arxentina  BIAR 2016 en Buenos Aires e na Galería Aedes, Berlín 1992.

Benito Blanco Avellano

Vicepresidente e Secretario da Fundación RIA 

Benito Blanco estudou arquitectura na ETSAM, Universidad Politécnica de Madrid e incorporouse a David Chipperfield Architects en 2014. Cunha experiencia profesional de case 20 anos desenvolvida inicialmente no seu propio estudo e posteriormente nos estudos de Herzog & de Meuron e OMA (Office for Metropolitan Architecture) como Director de Proxectos. Benito foi nomeado Asociado en 2015 e posteriormente Director Asociado en 2016. Como director de proxectos é responsable dun importante numero de proxectos incluíndo a transformación en hotel da Embaixada de Estados Unidos en Londres e a ampliación e renovación dos grandes almacenes de Selfridges en Oxford Street, Londres.