O venres 17 de xaneiro ás 12:30 horas terá lugar no salón de plenos do concello de Porto do Son a presentación do proxecto do Laboratorio Ecosocial do Barbanza. O proxecto, financiado pola Fundación Banco Santander, está promovido pola Fundación RIA en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela a través do grupo Histagra e co apoio da Cátedra Juana de Vega.
A través do Laboratorio Ecosocial do Barbanza preténdese articular e potenciar propostas eco-agroinnovadoras que respondan á biorrexión na que se sitúa o proxecto. A iniciativa parte de todo un conxunto de coñecementos, tanto históricos como actuais, cos que propoñer alternativas máis sostibles de futuro.