RÍARÍARÍARÍA
  • Novas
    • Todos
    • 2022
    • 2021
    • 2020
    • 2019
    • 2018
    • 2017
    • 2016
  • Actividade
    • Todos
    • Ordenación do territorio e identidade local
    • Xestión sostible do territorio
    • Cultura da arquitectura e do deseño
    • Metodoloxía
  • A fundación
    • Visión
    • Patronato
    • Equipo
  • Casa RIA
  • Contacto
  • GL
    • ES
    • EN
✕
31.03.2023
De volta

Mil novas árbores no monte do Araño

A pasada semana, alumnos do IES Félix Muriel de Rianxo –xunto coa colaboración da Comunidade de Montes do Araño– levaron a cabo unha plantación de mil árbores frondosas e frutais no Montiño (parroquia do Araño), enmarcada no seu proxecto Monte Vivo.

Esta plantación por parte do alumnado –maioritariamente de castiñeiros, carballos, sobreiras e acivros– promove nos máis novos unha planificación sostible do monte, revertendo o crecemento invasivo das plantacións de eucalipto. A xornada contou tamén coa solta dun exemplar de miñato real que fora tratado no centro de recuperación de fauna silvestre.

A actividade encadrouse no proxecto Monte Vivo, que o instituto de Rianxo botou a andar hai dous cursos cun proceso de transformación do patio escolar, que fora cercado polo lume en marzo de 2019. Desde entón, o centro pon en práctica numerosas accións para vincular a práctica educativa co territorio e as comunidades, favorecendo un modelo de aprendizaxe máis activo e participativo.

Trátase dunha iniciativa que comezou en solitario pero que en 2021 recibiu o pulo e o recoñecemento do Laboratorio Ecosocial do Barbanza –proxecto coordinado pola Fundación RIA–, cando unha das súas propostas resultou sendo unha das tres iniciativas financiadas pola convocatoria de Proxectos Semente. Desde entón recibe o apoio e a colaboración do Laboratorio Ecosocial do Barbanza.

Mil novas árbores no monte do Araño

Publicacións relacionadas

20.09.2023

David Chipperfield impartirá a conferencia inaugural de Piñeiros'23


Le máis

230907_O bosquexo

20.09.2023

Xa dispoñible ElCroquis N.222, dedicado ao traballo recente de David Chipperfield Architects e que inclúe un artigo sobre a Fundación RIA


Le máis
08.09.2023

Estudantes de Arquitectura da UNAV visitan Muimenta para desenvolver un proxecto académico da man da Fundación RIA.


Le máis

Santiago de Compostela
Rúa Oblatas 77
15705
+34 722 413 315
info@fundacionria.org

O Fundación RIA é unha axencia independente sen ánimo de lucro, un think tank que contribúe á análise, reflexión e planificación estratéxica do territorio, co obxectivo de preservar os seus valores naturais e culturais e promover a súa calidade de vida.

2022 Fundación RIA . Todos os dereitos reservados.

instagram
LinkedIn

  • Novas
  • Actividade
  • Casa RIA
  • Equipo
  • Patronato
  • Vacantes

Permanecer en contacto

O responsable da protección de datos dos usuarios que envían a súa información a través deste formulario é Fundación RIA . Recollemos os datos deste formulario para responder á solicitude de información dos usuarios. Se hai algún dato persoal que non quere que se coñeza, recomendámoslle non incluílo neste formulario.A principal lexitimidade é o consentimento da persoa interesada. Os destinatarios destes datos son os membros do equipo da EMPRESA. Se inclues o teu enderezo de correo electrónico nos datos que nos facilitas, podes solicitar que che enviemos unha copia da mensaxe que nos chegará.

  • Aviso legal
  • Política de Privacidade
  • Política de cookies
  • Exención de responsabilidade
    Fundación RIA
    Xestionar o consentimento das cookies
    Usamos tecnoloxías como cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. Facemos isto para mellorar a experiencia de navegación e mostrar anuncios personalizados. O consentimento destas tecnoloxías permitiranos procesar datos como o comportamento de navegación ou os identificadores únicos neste sitio. Reter ou retirar o teu consentimento pode afectar negativamente a determinadas características e funcións.
    funcional Sempre activo
    O almacenamento técnico ou o acceso é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
    preferencias
    O almacenamento técnico ou o acceso é necesario para o fin lexítimo de almacenar preferencias non solicitadas polo abonado ou usuario.
    Analítica
    Almacenamento ou acceso técnico que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos. Almacenamento ou acceso técnico que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos anónimos. Sen unha solicitude, o cumprimento voluntario do seu provedor de servizos de Internet ou o rexistro adicional por parte dun terceiro, a información almacenada ou recuperada exclusivamente para este fin non se pode utilizar para identificarlo.
    Márketing
    O almacenamento técnico ou o acceso é necesario para crear perfís de usuario para servir publicidade ou para rastrexar o usuario nun sitio web ou varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.
    Xestionar opcións Xestionar servizos Xestionar provedores Lea máis sobre estes propósitos
    Ver preferencias
    {title} {title} {title}