RÍARÍARÍARÍA
  • Novas
    • Todos
    • 2022
    • 2021
    • 2020
    • 2019
    • 2018
    • 2017
    • 2016
  • Actividade
    • Todos
    • Ordenación do territorio e identidade local
    • Xestión sostible do territorio
    • Cultura da arquitectura e do deseño
    • Metodoloxía
  • A fundación
    • Visión
    • Patronato
    • Equipo
  • Casa RIA
  • Contacto
  • GL
    • ES
    • EN
✕
01.08.2023
De volta

Un novo paso para a transformación do pazo e a finca de Lourizán no novo centro de referencia para o sector forestal galego

A Xunta de Galicia presentou este luns a folla de ruta para a inclusión de novos usos na fincade Lourizán, co obxectivo de crear un ecosistema de estudo, estatística, investigación, formación e divulgación forestal.

O proxecto responde a dous obxectivos principais: posicionar Lourizán como referente no sector forestal a nivel nacional e europeo; e abrir a finca e as súas actividades ao público e á sociedade en xeral. Neste proceso, a Fundación RIA traballou –en colaboración coa Consellería de Medio Rural, a través de AGACAL e XERA– no deseño dun programa funcional que sitúe Lourizán e o sector forestal no centro da innovación, desenvolvemento e protección do medio natural.

O nome de Lourizán está indiscutiblemente ligado á historia da investigación e xestión forestal en España, así como á figura de Eugenio Montero Ríos. Ademais de albergar elementos materiais de gran interese patrimonial –como o propio pazo, pero tamén o invernadoiro de cristal, o xardín botánico e o arboretum–, tamén posúe un gran valor cultural inmaterial. Exemplo diso son as negociacións para a rendición española na guerra de Cuba, nas que Montero Ríos mediou desde Lourizán.

O estado de deterioro do edificio do Pazo e do invernadoiro, ambos os dous bens de interese cultural, demandan unha intervención inmediata. Este feito aprovéitase como unha oportunidade para renovar outras partes da finca e converter Lourizán nun lugar de encontro e difusión do sector forestal, así como nun espazo recreativo e de aprendizaxe accesible á cidadanía.

Tendo isto en consideración, o equipo da fundación realizou unha análise das infraestruturas, usos do solo e actividades actuais da finca, tomando como punto de partida a información dispoñible e complementándoa con entrevistas ao persoal do complexo e en mesas de debate co sector empresarial e a administración. Desta análise despréndese un diagnóstico de necesidades, así como de oportunidades, que serve para elaborar un marco estratéxico e definir as actividades que conforman dita estratexia.

Finalmente, deséñase un concurso de arquitectura adecuado ao ámbito do proxecto, elaborando bases técnicas completas e dirixido ao obxectivo do proxecto. Este concurso lanzarase antes de finais de ano, a través dun proceso que aspira a potenciar unha cultura do deseño e fomentar procesos de contratación pública exemplares.

fundación-aire-lourizan-ria-2
lourizan-presentación-fundación-ria-1
lourizan-presentación-fundación-ria-2
lourizan-presentación-fundación-ria-3

Publicacións relacionadas

20.09.2023

David Chipperfield impartirá a conferencia inaugural de Piñeiros'23


Le máis

230907_O bosquexo

20.09.2023

Xa dispoñible ElCroquis N.222, dedicado ao traballo recente de David Chipperfield Architects e que inclúe un artigo sobre a Fundación RIA


Le máis
08.09.2023

Estudantes de Arquitectura da UNAV visitan Muimenta para desenvolver un proxecto académico da man da Fundación RIA.


Le máis

Santiago de Compostela
Rúa Oblatas 77
15705
+34 722 413 315
info@fundacionria.org

O Fundación RIA é unha axencia independente sen ánimo de lucro, un think tank que contribúe á análise, reflexión e planificación estratéxica do territorio, co obxectivo de preservar os seus valores naturais e culturais e promover a súa calidade de vida.

2022 Fundación RIA . Todos os dereitos reservados.

instagram
LinkedIn

  • Novas
  • Actividade
  • Casa RIA
  • Equipo
  • Patronato
  • Vacantes

Permanecer en contacto

O responsable da protección de datos dos usuarios que envían a súa información a través deste formulario é Fundación RIA . Recollemos os datos deste formulario para responder á solicitude de información dos usuarios. Se hai algún dato persoal que non quere que se coñeza, recomendámoslle non incluílo neste formulario.A principal lexitimidade é o consentimento da persoa interesada. Os destinatarios destes datos son os membros do equipo da EMPRESA. Se inclues o teu enderezo de correo electrónico nos datos que nos facilitas, podes solicitar que che enviemos unha copia da mensaxe que nos chegará.

  • Aviso legal
  • Política de Privacidade
  • Política de cookies
  • Exención de responsabilidade
    Fundación RIA
    Xestionar o consentimento das cookies
    Usamos tecnoloxías como cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. Facemos isto para mellorar a experiencia de navegación e mostrar anuncios personalizados. O consentimento destas tecnoloxías permitiranos procesar datos como o comportamento de navegación ou os identificadores únicos neste sitio. Reter ou retirar o teu consentimento pode afectar negativamente a determinadas características e funcións.
    funcional Sempre activo
    O almacenamento técnico ou o acceso é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
    preferencias
    O almacenamento técnico ou o acceso é necesario para o fin lexítimo de almacenar preferencias non solicitadas polo abonado ou usuario.
    Analítica
    Almacenamento ou acceso técnico que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos. Almacenamento ou acceso técnico que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos anónimos. Sen unha solicitude, o cumprimento voluntario do seu provedor de servizos de Internet ou o rexistro adicional por parte dun terceiro, a información almacenada ou recuperada exclusivamente para este fin non se pode utilizar para identificarlo.
    Márketing
    O almacenamento técnico ou o acceso é necesario para crear perfís de usuario para servir publicidade ou para rastrexar o usuario nun sitio web ou varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.
    Xestionar opcións Xestionar servizos Xestionar provedores Lea máis sobre estes propósitos
    Ver preferencias
    {title} {title} {title}